O Concello celebra mañá unha reunión de coordinación da Vuelta Ciclista a España

35

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores preside mañá pola mañá, a partir das 09.00 horas, unha reunión de coordinación da Vuelta Ciclista a España que estará en Pontevedra a finais de agosto. A cidade gozará durante dous días da presenza da volta cun paso nunha etapa en dirección Sanxenxo e a final dunha contrareloxo, ademais está previsto que toda a loxística e os equipos se instalen na cidade e nos arredores durante catro días.

Todo este despliegue obrigará a manter un gran dispositivo de coordinación que será xestionado directamente pola Policía Local de Pontevedra, co seu xefe ao fronte, Daniel Macenlle. Para esta ocasión, a Policía Local creou un equipo específico integrado por seis axentes máis que controlarán e coordinarán todos os aspectos relativos á volta ciclista na cidade, dende o propio percorrido, ata o tratamento co voluntariado, loxística, aloxamento, entre outros.

A reunión comezará ás 09.00 horas. Estará presidida polo alcalde e asistirán o concelleiro de Deportes, o xefe da Policía Local e o equipo de axentes habilitados para este gran evento deportivo. Por parte de Unipublic estarán Pedro Lezaun, director de producción; Pedro Giner, director técnico; Charles Ojalvo, relacións públicas e coordinador da Vuelta Junior; Marino Oscoz, coordinador de montaxe da meta; Kerman Zunzarren, coordinador de montaxe da saída. Por ambas partes estarán os responsables de comunicación.