Os panadeiros de Pontevedra buscan ser Denominación de Orixe

46

A I Festa do Pan que se presentou onte nas beiras do Río Lérez modifica a súa
data de celebración para a fin de semana do 23 ao 25 de marzo, unha fin de
semana despois do que estaba previsto inicialmente, segundo comunicou ao
Concello a Asociación de Panadeiros Artesáns de Pontevedra.

O motivo deste cambio é a non coincidencia cunha festa da cervexa que un clube
deportivo organiza na cidade na mesma fin de semana, e a efectos de non restar
público a nengún dos dous eventos.

O Concello agradece á Asociación de panadeiros a modificación da data deste
primeiro Panparanpán, xa que resultará moi beneficioso para a cidadanía contar
con eventos especiais en duas fins de semanas distintos, do que se beneficiará o
conxunto da cidade, incluída a súa actividade económica.