Campionato de España de Marcha 4 de marzo. Restriccións de circulación

28

 

O día 4 de Marzo celebrase na cidade o Campionato de España de Marcha, que discorrerá pola Avda. de Bos Aires, un sentido da Ponte dos Tirantes e Enxeñeiro Rafael Areses. O peche das vías realizarase as 06 horas e a apertura a circulación as 13.30 horas aproximadamente.

Asemade prohibirase estacionar na rúa Xosé Malvar entre a Ponte dos Tirantes e Camiño Vello de Castela, na Avda. de Bos Aires no tramo entre a Ponte de Santiago e a Ponte dos Tirantes e Avda. de Compostela entre a Ponte dos Tirantes e a Glorieta do Pavillon dos Deportes no sentido de saída cara Santiago a partir das 22 horas do sábado 3 de marzo. Na rúa Enxeñeiro Rafael Areses a prohibición empeza o sábado ó rematar a Feira.

Na imaxe que se achega, en vermello se representan as zonas afectadas pola proba e en verde as zonas abertas á circulación.