O alcalde colabora cun grupo de nenos da cidade na súa publicación infantil.

56

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta semana a un grupo de nenos da cidade que están a facer, en colaboración cos seus pais, unha publicación infantil sobre a cidade. Nesta entrevista os nenos preguntáronlle sobre diversos ámbitos dende a política, á súa profesión ou a súa vida familiar.

Preguntáronlle que deportes facía de pequeno. "Fundamentalmente o fútbol", dixo, pero non esqueceu a Billarda ou o papeiro. Tamén se interesaron polos motivos que lle levaron a ser alcalde: "Sempre me preocupei por participar en actividades en defensa do idioma, da cultura… e tamén porque tes preocupacións sobre a xente…" Recoñeceu que é difícil ser alcalde "pero dá máis alegrías que tristezas, e é moi bonito porque vés como vai mellorando a túa cidade".

Entre os seus proxectos non fáciles de realizar para Pontevedra está a recuperación da praia de Pontevedra e, polo tanto, o traslado de Celulosas.