Nova fase obras do Nó do Pino

17

A fase actual das obras executadas polo Ministerio de Fomento nas obras do Nó do Pino, eliminaron o viaduto que sobrevoa a PO-10 a altura do lugar de San Brais na Parroquia de Salcedo. Isto leva consigo cambios na mobilidade interna do barrio e dos desprazamentos de acceso e saída dende Salcedo cara a Pontevedra e viceversa.

Os accesos a Salcedo dende o Nó do Pino quedarán establecidos pola N-550 por Cabanas e dende Fernández Ladreda pola estrada vella de Marín (PO-546) acceso cara a Chamusca.

Os accesos a San Brais dende o Nó do Pino realizaranse polo vial paralelo a PO-10, dende a Avda de Vigo pola rúa Herminia Fariña Cobian ou dende Fernández Ladreda pola rúa Eduardo Blanco Amor.

A reposición do viaduto está prevista para o ultimo trimeste do ano en curso.

Para + info:

https://www.pontevedra.eu/areas-de-xestion/seguridade-cidada/policia-local/avisos-de-mobilidade

 

Ver documento PDF