Condolencias polo pasamento de Leopoldo Nóvoa

59

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores transmitiulle hoxe as condolencias á familia de Leopoldo Nóvoa García con motivo do seu pasamento. O alcalde destacou a impronta que o pintor deixou nesta, a súa cidade de nacemento, na parroquia de Salcedo, de feito foille concedido o Premio Cidade de Pontevedra no ano 1997.

O alcalde lamentou a perda do artista máis universal da Pontevedra actual, especialmente coa súa trascendencia na arte contemporánea.

Pero non quixo deixar de lembrar a súa calidade humana. Fernández Lores recoñecou que Pontevedra nunca esquencerá o trato aflable de Leopoldo Nóvoa, a súa cercanía, así como o orgullo manifesto de ser pontevedrés a pesar a súa gran proxección internacional.