O Concello e a Escola de Restauración asinan un protocolo de colaboración entre as dúas institucións

54

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o director da Escola galega de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Fernando Carrera Ramírez asinaron esta semana un protocolo marco de colaboración entre as dúas institucións para colaborar mutuamente en distintos proxectos que poidan xurdir en relación á conservación e restauración de bens no Concello de Pontevedra.

O alcalde lembrou que estas colaboracións xa se realizaban de xeito puntual. De feito a escola está a facer un estudo sobre a aparecida man da estátua de Colón situada nos xardíns das Palmeiras. Pero o propósito de ambas institucións é crear un marco legal que regule estas periódicas colaboracións en catro apartados: facer estudos e informes; conservación da obra artística do Concello; actividades de carácter formativo; e colaboración nos equipamentos museísticos do Concello como o CITA o arquivo…

Na actualidade a Escola desenvolve unha colaboración co Concello sobre a man da estátua de Colón. Mentres o arquivo municipal está a facer unha cronoloxía da estatua e as súas peripecias, a escola traballa en equipos e distintos departamentos neste achádego co propósito de restaurar a estatua. En breve recibirán a man para facer un estudo químico que determine si é da mesma materia que a escultura. Tamén se fará unha proposta de intervención para restaurar a man ao seu lugar, pero os traballos non os fará a Escola porque sería unha competencia ilegal cara as empresas que fan este tipo de traballos, a maior parte constituídas por estudantes que xa remataron os seus estudos na escola de Pontevedra.

Ver documento PDF