A Concellería de Educación e Fanpa-Pontevedra poñen en marcha o programa de animación “Conta comigo”

54

A Concellería de Educación e a Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra) poñen en marcha un programa de actividades de lecer e tempo libre dirixido a todas as familias con nenos/as matriculados nos colexios públicos do municipio. Nace así o programa “Conta comigo”, cunha variada oferta destinada a cubrir todos os gustos.
Potenciar a interacción familiar, favorecer a aprendizaxe ou mesmo a abordaxe de conflitos, sempre dende un punto de vista moi informal e lúdico, son algúns dos obxectivos que se agochan detrás dun programa moi completo.
O programa foi presentado hoxe polo concelleiro de Educación, Agustín Fernández, e o presidente de Fanpa-Pontevedra, Alberto Pita. Súmase a outras moitas actividades que se financian no marco do convenio global que o Concello mantén cos representantes dos pais e que inclúen tamén, entre outros, os programas de comedores, almorzos e de atención aos nenos/as con déficit de atención e/ou hiperactividade.
A data de inscrición ábrese entre o 28 deste mes de febreiro e o 2 de marzo. O custo é de 5 euros por actividade e familia, aínda que terán prioridade as familias inscritas nalgunha asociación de nais e pais.
Os interesados poderán atopar cursos de actividades predeportivas, destinadas a estimular a motricidade, experimentos de ciencia Divertida, abordaxe dos conflitos cunha perspectiva desenfadada, actividades xornalísticas cun curso chamado Reporteiros, Fun and Game (diversión e xogo en Inglés), patinaxe, Mareando as mans (psicomotricidade fina), Contadores ao revés (actividade ao redor do mundo dos contos) e Sendeirismo.

Máis información no documento PDF ao pé desta nova.

Ver documento PDF