Terras de Pontevedra únese a Turismo de Pontevedra para optimizar recursos

63

Terras de Pontevedra fúndese definitivamente con Turismo de Pontevedra. Así o acordou hoxe a Mancomunidade de concellos da que forman parte Marín, Poio, Cotobade, Pontecaldelas, Vilaboa e Campo Lameiro ademáis da capital. O alcalde, Miguel Fernández Lores, presidiu unha xuntanza na que tamén participou a concelleira de Turismo, Carlota Román, e varios alcaldes e concelleiros da comarca.

O pleno da Mancomunidade decidiu realizar unha Encomenda de Xestión da xerencia de "Terras" na de Turismo de Pontevedra, polo que ámbalas entidades compartirán dirección técnica, aforrando diñeiro público. O Concello pagará o 60% dos custes da xerencia, quedando o resto a conta da Mancomunidade de Concellos.

Precisamente a optimización de recursos está detrás destes cambios, que se realizan unha vez que Terras cumpriu os seus obxectivos iniciais de levar a cabo un Plan de Dinamización de Produto turístico apoiado polos gobernos español e galego. A experiencia foi tan positiva, que os responsables locais decidiron continuar coa xestión conxunta da política turística comarcal, aprovietando produtos e sinerxias creados durante estes catro anos.