Pontevedra, Distinción de prata da Federación Española de Triatlón

62

O Concello de Pontevedra acaba de recibir un novo premio pola súa exitosa organización e celebración do Campionato de Europa de Triatlón do pasado mes de xuño. O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores participará este sábado, 18 de febreiro,  na Gala do Triatlón 2011, que se celebará no Comité Olímpico Español.

O alcalde de Pontevedra recollerá a Distinción de Prata da Federación de Triatlón nesta gala. Concédeselle ao Concello de Pontevedra pola organización e exitosa celebración do último Campionato de Triatlón.