O Concello alega contra a creación de polígonos industrais a cabalo de Pontevedra-Marín e Vilaboa

82

A Comisión de Infraestruturas abordará este mércores a proposta que se levará ao Pleno Municipal para a formulación de observacións e alegacións no trámite de información pública e consultas do proxecto de Plan sectorial de Ordenación de Áreas empresariais na comunidade autónoma de Galicia, e do informe de sustentabilidade ambiental relativo ao mesmo, ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

As alegacións do Concello parten do apoio aos obxectivos do Plan: cuantificar e localizar a superficie necesaria de solo empresarial que debe urbanizarse no horizonte do Plan Sectorial para cubrir as necesidades da demanda estimada; e definir os ámbitos do territorio susceptibles de acoller actuacións de carácter empresarial para cubrir a longo prazo as necesidades de solo empresarial derivadas da aplicación das Directrices de Ordenación do Territoriol

O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais prevé tres áreas con incidencia directa no termo municipal de Pontevedra: Plataform loxística Marín-Pontevedra; Parque loxístico Pontevedra-Vilaboa; ampliación do parque empresarial de O Campiño.

Explican as alegacións que o novo PXOM prevé a ampliación do actual polígono industrial do Campiño, polo que compartimos a proposta recollida,mentres que non acontece así verbo das doutras dúas porque abranguen solos rústicos especialmente protexidos, con importantes e coidamos que insalvables afeccións ambientais e patrimoniais que os converten en inviables.

Un dos criterios do Plan para determinar a demanda son as empresas que teñen que reubicarse por estar fora de espazos industrias. Neste punto, o Concello non atopa referencia a Ence-Elnosa cando está previsto a súa retirada en 2018, segundo a Lei de Costas, polo que solicita que se inclúa este punto.

Ver documento PDF