Aberto o parque infantil da Illa

77

A restauración ambiental da Illa do Cobo chega ao seu fin. Esta mañá abriu ao público unha parte da recuperación na que se atopa o parque infantil de aventura e o módulo de servizos que ate o de agora era un espazo en desuso por estar permanentemente anegado e infrautilizado.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Parques e Xardíns, Anxos Riveiro visitaron esta mañá este espazo, onde comprobaron a excelente recuperación da zona que se atopa máis próxima aos campos de herba sintética da Xunqueira. A incorporación e posta a disposición desta área permitirá permeabilizar os paseos e tráficos peonís por esta parte da Illa dado que se crearon novas sendas e fíxose unha importante plantación de especies autóctonas: carballos, freixos, liquidambar… e outras especies que dará un colorido moi vistoso e alegre nas estacións do outono e da primavera, ademais de sombra e abrigo no verán e inverno.

O alcalde destacou durante a visita que o investimento na Illa do Cobo supera o 1,8 millóns de euros para restaurar un espazo ambiental que se converteu no pulmón da cidade e centro de ocio, esparcemento e deporte para os veciños de Pontevedra.

As espectativas da Concellaría de Parques e Xardíns é que os traballos da Illa queden rematados a finais de marzo, e progresivamente vaianse abrindo ao público distintas partes da Illa, como a desta mañá.