Search
Close this search box.

Os secretarios xudiciais de España reúnense en Pontevedra a finais de xuño

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá aos representantes dos secretarios xudiciais de Pontevedra que lle presentaron as XXVI Xornadas de Fe pública que se celebrarán no Pazo da Cultura os próximos 20, 21 e 22 de xuño. A este encontro asisten arredor de 200 secretarios xudiciais de toda España e o Concello actuará como anfitrión desta importante cita para a cidade de Pontevedra.

Fernández Lores explicou que o Concello cederá gratuitamente o Pazo da Cultura e tamén organizará unha recepción oficial na praza da Pedreira, dependendo do tempo.

O alcalde lembrou que a cidade está tratando de especializarse en eventos deste tipo que permiten ocupar gran parte das fins de semana do ano e transmiten unha boa imaxe da cidade ao exterior. Tamén defendeu que congresos como este son o mellor escaparate da cidade: o boca a boca.

Na historia destas xornadas, só Santiago acolleu dúas citas similares, e agora é o concello de Pontevedra, o único de Galicia, que dará a benvida aos secretarios xudiciais de España.

Compartir publicación: