MÚSICAS ABERTAS: ‘Patricia Moon’ en concerto no Teatro Principal

19

Lugar: Teatro Principal (rúa Paio Gómez Charino, s/n)

Horario: 21:00 horas.

Entradas: Á venda anticipada en servinova.com a un prezo de 8,00 euros. (Estudantes, parados e xubilados: 5,00 euros)

 

Cando un artista está no seu punto de ebulición creativa, cando xa o probou todo e segue experimentando novos sons, novas formas de expresarse, se adoita dicir que naceu para iso e este é o caso de Patricia Moon, unha artista que volve renovar o seu estilo e a súa música no "ano do fin do mundo".

Tras un primeiro álbum en acústico e ben acollido pola prensa nacional, que a bautizou como "a creadora dun xénero ata agora descoñecido", Patricia Moon deu un xiro ao seu estilo achegándose ao rock, pero sen perder a orixinalidade harmónica que a caracteriza.

A data prevista para a presentación do seu segundo traballo é a mediados deste ano, e novamente baixo a supervisión do recoñecido produtor Paco Ortega (O Pescador de Estrelas/Emi Music).