MÚSICAS ABERTAS: ‘Pablo Alborán’ en concerto no Pazo da Cultura

14

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra (rúa Alexandre Bóveda, s/n)

Horario: 21:00 horas

Entradas: Venda anticipada de entradas en servinova.com a un prezo de 25 euros.

Deuse a coñecer en YouTube. Pouco despóis percorría coas súas cancións e a súa guitarra toda España. En febreiro de 2011, Pablo Alborán publicaba o seu primeiro álbum en España e en novembro lanzaba o segundo, 'En Acústico', gravado en directo, que traerá a Pontevedra coa súa xira.

Cos seus dous álbums permaneceu 17 semanas no nº1 das listas españolas con sete Discos de Platino, é o artista que máis discos vendeu en España en 2011 e o tema 'Solamente tú' a máis vendida, foi nominado a tres premios Grammy Latinos 2011 (Mellor Artista Revelación, Mellor Álbum Pop Masculino e Mellor Canción), gañou o Premio Revelación 40 Principales, distinguido por iTunes Rewind Spain 2011 como Mellor Novo Artista e por iTunes Rewind México 2011 Mellor Novo Artista de Pop Latino.