PECHE DA RÚA JOAQUÍN COSTA Á ALTURA DÁ COMISARÍA DA POLICÍA NACIONAL

25

 

O sábado día 11de febreiro as 15 horas se procederá o peche da rúa Joaquín Costa á altura do número 32, (Comisaría dá Policía Nacional) por mor dunhas obras de canalización de media tensión.

Para evitar maiores molestias se decidiu autorizar a obra en fin de semana e os traballos se prolongarán de xeito ininterrompido ata o remate na xornada do domingo día 12. 

A entrada e saída da rúa dende a intersección con Sagasta ata o numero 32 da rá Joaquín Costa será dende a rúa Sagasta e dende o número 32 ata a confluencia con Blanco Porto dende esta ultima.

Un operario regulará o dobre sentido circulatorio para os vehículos autorizados (garaxes) e servizos de urxencia.