Convocada Ben veñas maio!

87

O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez e o coordinador do programa Ben, veñas maio, Xosé Luís Xaneiro, membro do IES Sánchez Cantón presentaron esta mañá a edición de 2012 de Ben veñas maio, unha convocatoria moi esperada por todos os alumnos dos IES do concello de Pontevedra. Os certames que se organizarán neste ano serán:

• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada
• XVIII Certame de Narración Curta
• X Certame de Poesía
• XII Certame Musical

A lingua galega constitúe o principal patrimonio cultural da nosa Comunidade, como sinal de identificación e diferenciación de Galicia. A Lei 3/1983, de normalización lingüística no seu artigo 25 di “O Goberno Galego e as Corporacións Locais dentro do seu ámbito fomentarán a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras. (…)”.
Dentro das distintas áreas nas que se traballa para incrementar o uso e o prestixio da lingua galega, a mocidade é considerada como un sector estratéxicodentro da planificación e desenvolvemento de actividades para a normalización lingüística; tanto en todos os estudos sociolingüísticos como no Plan xeral de normalización da lingua galega (Xunta de Galicia, 2004).
Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.
Para todos os certames, agás para o musical establécese que poderá participar o alumnado matriculado nos institutos do concello de Pontevedra. A autoría non figurará nas obras; xunto con estas entregarán un sobre pechado cos seus datos persoais: nome, idade, enderezo, teléfono, curso e instituto no que estuda. No exterior figurará un lema, título ou pseudónimo do/a autor/a, o certame ao que corresponde e, de proceder, a categoría na que participa. O xurado que cualificará os traballos será designado pola Comisión Organizadora. Todas as obras presentadas poderán ser reproducidas, expostas ou editadas. Os traballos entregaranse dentro de cadanseu sobre especificando o certame e, no seu caso, a categoría, nos departamentos de Lingua e Literatura Galegas ou aos membros dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos institutos. O anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizarase ao remate do certame musical “Ben Veñas, Maio” do sábado, 26 de maio de 2012. Ademais dos premios estabelecidos, o xurado poderá propoñer cantos accésits considere oportunos consistentes en cadanseu lote de libros.
A programación de Ben Veñas, Maio 2012 abrangue seis apartados:
1. X Certame de Fotografía Ben Veñas, Maio. As fotografías deberán recoller algunha imaxe que represente un uso anómalo ou curioso da lingua galega en rótulos, pancartas, faixas publicitarias, pintadas, indicadores, etc. Cada fotografía achegarase cun comentario en galego que xustifique o interese da imaxe obtida, así como o lugar e a data da obtención. A técnica fotográfica e o tamaño serán libres.
Os premios que se propoñen son os seguintes: un primeiro premio de 150 € e un lote de libros e un segundo premio de 75 € e un lote de libros.

2. XVIII Certame de Banda Deseñada Ben Veñas, Maio. As obras serán orixinais e inéditas. O tema será libre e, de haber textos, estes serán en lingua galega. Poderá utilizarse calquera técnica, mais só en branco e negro. O formato será DIN-A4 ou ampliacións ou reducións proporcionais. A extensión será de dúas páxinas como mínimo e de seis como máximo. Deberán presentarse orixinal e fotocopia de cada unha das obras. Establécense dúas categorías: categoría A, ata 14 anos inclusive; categoría B. a partir de 15 anos. Os premios que se propoñen son os seguintes:
– Para a categoría A: primeiro premio, 150 € e lote de libros; segundo premio, 75 € e lote de libros.
– Para a categoría B: primeiro premio, 150 € e lote de libros; segundo premio, 75 e e lote de libros

3. XVIII Certame de Narración Curta Ben Veñas, Maio. O tema das narracións será libre. As obras deberán estar escritas en lingua galega e ser absolutamente orixinais e inéditas; terán unha extensión mínima de dous folios e máxima de seis, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara e con letra Times New Roman do tamaño 12. Os participantes entregarán dúas copias de cada obra. Establécense
dúas categorías: categoría A, ata 14 anos inclusive; categoría B. a partir de 15 anos. Os premios que se propoñen son os seguintes:
– Para a categoría A: primeiro premio, 150 € e lote de libros; segundo premio, 75 € e lote de libros.
– Para a categoría B: primeiro premio, 150 € e lote de libros; segundo premio, 75 € e lote de libros

4. X Certame de Poesía Ben Veñas, Maio. O tema dos poemas será libre e, no tocante á extensión, establecese un máximo de trinta versos. As obras serán orixinais e inéditas, escritas en lingua galega e mecanografadas a dobre espazo por unha soa cara e con letra Times New Roman do tamaño 12. Establécense dúas categorías: categoría A, ata 14 anos inclusive; categoría B. a partir de 15 anos. Os premios que se propoñen son os seguintes:
– Para a categoría A: primeiro premio, 150 € e lote de libros; segundo premio, 75 € e lote de libros.
– Para a categoría B: primeiro premio, 150 € e lote de libros; segundo premio, 75 € e lote de libros

5.- XII Certame Musical Ben Veñas, Maio. Poderán participar todos os grupos musicais e/ou solistas sempre que a maioría dos seus compoñentes estean matriculados nalgún instituto de Pontevedra. Ningunha persoa poderá participar en máis dun grupo. Cada grupo ou solista interpretará dúas pezas orixinais, en calquera estilo musical, de xeito que as súas letras se axusten ás condicións seguintes: o texto da primeira peza será un poema de autoría propia; o da segunda peza será dun ou dunha poeta con obra en galego. En ambos os dous casos os textos deben ser en galego. Asemade, a presentación do grupo e das cancións, ao igual que calquera tipo de manifestación de carácter oral dirixida ao público, deberá de facerse en lingua galega. Os textos das cancións deberán serlle entregados á Comisión Organizadora unha semana antes da celebración do concurso.
A celebración do certame será no Pazo da Cultura o sábado 26 de maio. O acto será público. A Coordinadora dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística nomeará un xurado que decidirá os grupos ou solistas clasificados que recibirán os premios. As cantidades que se propoñen para estes premios son: primeiro premio, 400 € e diploma; segundo premio, 350 € e diploma; terceiro premio, 150 € e diploma; premio especial de 600 €.
6.- XVII Semana Teatral Ben Veñas, Maio. Desenvolverase os días 23, 24 e 25 de maio no Teatro Principal de Pontevedra. Consistirá nunha mostra do traballo realizado ao longo do curso polos grupos teatrais dos diferentes institutos, co fin de promover o uso da lingua galega entre a mocidade a través da expresión teatral.

Ver documento PDF