Prorrogado o mantemento de parques e xardíns ao ser máis beneficioso para o Concello

58

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá unha prórroga extraordinaria para a empresa Elsamex encargada do mantemento dos parques e xardíns da cidade. É unha prórroga por 486.000 euros ata o 1/2/2013, dos cales 94.000 euros son inversións en novas plantacións, substitucións de árbores… Este orzamento é o mesmo que o último contrato asinado. Non ten incrementos.

Raimundo González, portavoz do Goberno Local explicou que esta prórroga extraordinaria (fóra do contrato) adoptouse logo de negociar coa empresa e dado que o máis beneficioso para as arcas municipais. De sacar agora un novo contrato para o mantemento dos espazos verdes da cidade o incremento sería moi sustancial, por riba dos 300.000 euros, dado que habería que incluir novas tarifas así como os novos espazos que o Concello incorporou aos xardíns e parques da cidade nestes últimos catro anos.

Agora, estes novos parques e espazos verdes, están atendidos polas brigadas municipais e tamén polos contratos de colaboración que o Concello fai periodicamente co INEM.