A Alcaldía concede unha axuda ao Asilo de Anciáns

44

O alcalde de Pontevedra asinou esta semana un decreto da Alcaldía para conceder unha axuda ao Asilo de Anciáns “que cumpre un grande traballo con persoas da terceira idade con escasa capacidade adquisitiva”. Así o explicou Miguel Anxo Fernández Lores logo do encontro que mantivo coa superiora do Asilo na Alcaldía, xunto á concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces.

O Asilo de Anciáns de Pontevedra ten 170 internos todos maiores de 70 anos, a maior parte mulleres. Na actualidade o Asilo non acolle a máis persoas pendente de decidir si se fan obras de reforma, mellora e ampliación das instalacións actuais. No asilo traballan 50 persoas dende profesionais da limpeza a persoas que atenden ao grande número de internos dependentes.

O alcalde tamén se comprometeu a realizar unha actuación de mellora (poda e axardinamento) no parque interior que ten o asilo. "Para nós é un parque público porque gozan del moitas persoas viven alí, e temos que botarlle unha man no seu mantemento", asegurou Fernández Lores.