Continúa o zafarrancho de limpeza no barrio da Parda

62

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana co zafarrancho de limpeza no barrio da Parda. Comezará pola avenida Xoán Carlos I, dende a rúa Conde de Gondomar ata a rotonda de Pintor Laxeiro. Tamén se limparán as rúas Gaiteiro de Portela e Abundancia.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos, colocáronse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona dende onte, aínda que a prohibición non será efectiva ata hoxe pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.