Entregados os Cidade de Pontevedra 2012

65

O Concello de Pontevedra entregou onte os premios Cidade de Pontevedra á profesora Luísa Márquez e á Asociación de Síndrome de Down "Xuntos" nun acto oficial que resultou moi emotivo pola grande presenza de público, así como polas palabras que os premiados dirixiron aos presentes para agradecer o galardón que anualmente fai o Concello a aquelas pontevedreses que destacan pola súa traxectoria na cidade.

O acto estivo amenizado por un cuarteto da Banda de Música de Pontevedra e polo son da gaita. E tivo como intervencións á da profesora Luísa Márquez, a do presidente de Xuntos, Manuel Pérez Cabo, e a do alcalde. As súas intervencións foron as seguintes:

Luísa Márquez, premio Cidade de Pontevedra na categoría de persoa física:

Sr. Alcalde, Sras Concelleiras e Concelleiros

É moi difícil expresar cunhas poucas palabras o que significa na miña traxectoria o premio Cidade de Pontevedra  por ser a cidade onde nacín e na que estou a desenvolver a miña vida e actividade profesional. Síntome honrada e feliz e antes de nada  gostaríame darlle os meus parabéns aos outros dous candidatos.

Quero comezar dando as grazas á Asociación de nais e pais do IES Luis Seoane de Monte Porreiro por ter presentado a candidatura e a todos os colectivos, asociacións e persoas que a apoiaron.

O meu traballo é resultado dunha tarefa colectiva que abrangue a toda a comunidade educativa: equipo directivo, presente e pasados, estudantes, profesoras e profesores, nais e pais e persoal non docente.

E quero compartilo coas Escolas Asociadas á UNESCO e con todas as mestras e mestres da escola pública e de todos os niveis educativos que día a día apostan e traballan por unha educación de calidade para todas e todos, inclusiva e democrática, que fai realidade a igualdade de oportunidades e quere dar resposta aos grandes retos do século XXI.

Estamos a vivir tempos difíciles pero iso non pode supoñer unha coartada para poñer en perigo o acceso á educación de toda a poboación e ao sostemento da escola pública. Unha escola que entende a educación como “servizo público” e polo tanto esixe un acceso á mesma en condicións de equidade e xustiza. Unha educación asentada en valores compartidos e na consecución de obxectivos consensuados, que da voz aos máis débiles, que axuda a superar as barreiras físicas, intelectuais e socioeconómicas para garantir a cohesión social e que, ao tempo, é capaz de desenvolver programas de excelencia para as alumnas e alumnos con altas capacidades.
Unha educación pública que promove a igualdade entre os xéneros, que se asenta na cultura do esforzo e da cooperación e que serve para aprender a vivir xuntos e a saber que todas e todos somos quen de transformar o mundo.

Unha educación respectuosa e comprometida co desenvolvemento sostible, coa cultura de paz, cos dereitos humanos e coa cooperación nacional e internacional.

Unha educación que é capaz de responder a un mundo cada vez máis globalizado e cambiante, nunha sociedade complexa e pluricultural,  e de dar resposta ás minorías culturais inmigradas e ás necesidades, demandas e problemas que plantexan aquelas minorías en situación de privación sociocultural cunha educación intercultural, na que se traballa desde o mesmo plano de igualdade o dereito a ser diferente.

Unha escola que promove, usa e defende o galego, protexendo e poñendo en valor o patrimonio propio no que a lingua constitúe o sinal identitario máis importante porque reflicte a nosa cosmogonía.Unha escola aberta ao seu contorno e ao mesmo tempo ao mundo.

Unha Educación que da man da Ciencia e da Cultura, difunde valores universais, que é capaz de dar unha dimensión ética ás actuacións das profesoras e profesores e que contribúe a adquirir comportamentos democráticos. Unha educación que nos permite reducir as desigualdades, que nos anima a aprender e pensar criticamente, a ser libres, a valorar a identidade propia e a recoñecer ao “outro”, a idear proxectos colectivos e a aprender a vivir xuntas e xuntos nun mundo diverso.

Para conseguir todo isto o profesorado traballa nas aulas, educando en competencias para a vida; no centro educativo, desenvolvendo proxectos e favorecendo a inclusión social e no caso das Escolas da Rede, impulsando o traballo colaborativo.

Non quero rematar sen un guiño especial ao Instituto Luis Seoane de Monte Porreiro ao que cheguei procedente de Ferrol no  1988 e onde non tiña pensado permanecer tanto anos, un centro que facilita a innovación, aberto, un centro Asociado á UNESCO, cun Comité que favorece a integración das e dos estudantes, que serve de aula de acollida e que promove a realización de proxectos e intercambios con escolas en Portugal, Alemaña, Polonia, Francia, Gambia, Madeira, Arxentina ou Cuba,  e cun grupo de teatro cooperativo “Fiuncho”. Un centro comprometido coa educación de calidade e que conta cun profesorado que ten posta a súa profesionalidade, os seus coñecementos, o seu amor polo ensino, a súa confianza en que os e as estudantes teñan unha igualdade de oportunidades real, apostando por un espazo de convivencia harmónica e pacífica onde todas e todos teñan cabida sen importar as súas diferenzas, respectando os seus tempos de aprendizaxe.

Finalmente, nos tempos que corren, onde a escola pública está,  nalgúns foros denostada, quero dar as grazas a todas e todos os membros do xurado pola súa aposta decidida pola educación.

Moitas grazas.

Manuel Pérez Cabo, presidente de "Xuntos", premio Cidade de Pontevedra na categoría de persoa xurídica:

EXCMO. SR. Alcalde, Corporación Municipal, Autoridades, Compañeros, Amigos: Buenas días.

En primer lugar, en nombre de los componentes de la Asociación Down Pontevedra “XUNTOS”, que tengo el honor de presidir, quiero manifestar nuestro más profundo agradecimiento a la Asociación JUAN XXIII, por habernos propuesto para este premio, así como a la gran cantidad y diversidad de entidades y organismos que nos han apoyado, y por supuesto a los miembros del jurado que nos ha elegido.
Es para nosotros un honor y una satisfacción el recibir este prestigioso galardón, que seguro nos dará fuerzas para afrontar los duros momentos que nos está tocando vivir, y supone un orgullo que el nombre de “XUNTOS” forme parte de esa larga lista de entidades que nos han precedido en la recepción de este prestigioso premio CIUDAD DE PONTEVEDRA, como es el caso del último ganador: Protección Civil.
Este premio se nos otorga por la larga y dilatada historia de la Asociación en su lucha por la integración de las personas con Síndrome de Down; pero ni el jurado, ni la sociedad en general se habría fijado en nuestro trabajo, si no fuera porque día a día las propias personas con Síndrome de Down y otras discapacidades nos están sorprendiendo a todos con su ilusión, con su trabajo y ganas de superación, reclamando la puesta en marcha de nuevos servicios para afianzar e incrementar la autonomía adquirida; servicios que son atendidos por un selecto grupo de profesionales magníficamente dirigidos por nuestra coordinadora Paula.
Con motivo de nuestra nominación para estos premios, y más aun después de su concesión, son muchas las personas que le suena el nombre de XUNTOS, pero seguramente no todas conocen lo que realmente hacemos. Al igual que el resto de entidades que conformamos la Federación “DOWN GALICIA”, el principal objetivo que tenemos planteado es poner en práctica el Servicio de Promoción de Autonomía Personal (SEPAP), que mediante una serie de diversos programas que abarcan desde niños de 0 años hasta le edad adulta, sin olvidarnos de las familias, trabajamos y luchamos para que estas personas puedan conseguir la plena inclusión y la mayor autonomía posible en todos los ámbitos en que se desenvuelve su vida, ya sea familiar, escolar, y social; pero de muy poco serviría una buena inclusión en estos ambientes, si no se consigue esa inclusión laboral que les permita realizarse como persona y disponer de los recursos económicos necesarios para poder desarrollarse y vivir una vida adulta lo más independiente posible.
Les puedo decir que hace apenas tan solo 10 ó 12 años era impensable que las personas con Síndrome de Down pudieran desempeñar trabajos fuera de esos ambientes protegidos, como son los Centros Ocupacionales o los Centros Especiales de Empleo, pero gracias a la puesta en marcha del Programa de Empleo con Apoyo, del que hemos sido pioneros en su implantación no sólo en Pontevedra sino también en Galicia, dinamizado por un grupo de profesionales muy entregados, que creen y confían en lo que hacen; gracias a la necesaria implicación de las familias, a la imprescindible colaboración de las diferentes empresas, pero sobre todo gracias a la constancia, tenacidad y buen hacer de nuestros chicos y jóvenes, estas personas están  dejando de ser unos sujetos pasivos, receptores de servicios, que subsisten gracias a las escasas pensiones que reciben, para convertirse en ciudadanos activos, con derechos y obligaciones, y que cotizan a la Seguridad Social en igualdad de condiciones que el resto de trabajadores de su categoría. Gracias a este programa, desde hace aproximadamente 10 años que se puso en marcha, en la Asociación se han firmado más de 70 contratos en empresas ordinarias.
Llegado a este punto, quiero aclarar que desde hace varios años, la Asociación ha sido declarada de Utilidad Pública por el Ministerio del Interior, y que todos los programas que se imparten están certificados y avalados por el sistema de Calidad de acuerdo con las normas ISO.
Es cierto que es mucho el camino que se ha recorrido, pero todavía falta mucho por recorrer, por eso, a pesar de las situaciones difíciles que también están pasando, quiero animar a los empresarios que todavía no lo hayan hecho, que traten de poner en práctica en su empresa este proyecto de empleo, ya que no van a tener que distraer ni personal ni medios de su empresa para realizar las tareas de formación y seguimiento de estos trabajadores, puesto que de ello se encargan nuestros preparadores laborales, que, en un principio, su presencia en la empresa será muy frecuente, pero que poco a poco, a medida que los chicos vayan adquiriendo las habilidades de su tarea, esta presencia se ira distanciando, hasta que llegue el momento en que no será necesaria, salvo para resolver cualquier asunto puntual, o a petición de la empresa.
Hoy está de moda oír a los responsables de cualquier administración de que “tenemos que hacer más con menos”, la verdad es que nosotros esto ya lo venimos haciendo desde hace muchos años. Contamos en la actualidad con 14 profesionales, que para atender a los casi 100 usuarios que actualmente pertenecen a la Asociación se tienen que multiplicar, teniendo que ejercer a veces como voluntarios para sacar adelante las tareas. Es evidente que hacen falta recursos para sacar adelante una tarea tan ardua y complicada como la que tenemos entre manos; por eso, al igual que ya lo hice a través de los medios de comunicación, a quienes aprovecho para agradecerles su constante apoyo en la difusión de las diferentes actividades que venimos realizando, nos gustaría contar con más socios colaboradores de los que ya tenemos, para poder compensar o al menos mitigar la disminución constante de subvenciones procedentes de los organismos oficiales.
Con vistas al futuro, además de tratar de seguir mejorando los programas que actualmente tenemos en marcha y de implantar otro fundamental para completar el ciclo formativo de estas personas, como es el “programa de vida adulta”, tenemos dos objetivos muy importantes por los que luchar; por un lado, junto con la mayor parte de entidades que atienden a personas con diferentes discapacidades que hay en la ciudad, desde hace años venimos demandando la habilitación de una Residencia para personas con discapacidad en Pontevedra; sobre este tema todas las autoridades con las que nos hemos entrevistado tanto autonómicas, como provinciales y locales, están de acuerdo, pero que seguimos a la espera en el punto de partida; y el otro gran objetivo es el conseguir unos locales amplios y dignos donde poder desarrollar de forma adecuada los distintos programas que tenemos en marcha y para iniciar otros muy necesarios, pero que no se pueden implantar por falta de espacios.
Y ahora solo me queda reiterar nuestro agradecimiento y felicitar a Luisa por ese merecido premio, y también a las otras entidades nominadas, ya que cualquiera de ellas podía resultar ganadora de este galardón.
A todos quiero decirles que en la C/ Cobián Roffignac, 9 – 2º  y en la C/ Rouco, 1 – 2º está su casa, y que pueden contar con nosotros para todo lo que modestamente podamos serles útiles.
Muchas gracias.

 

Discurso do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores:

Compañeiras e compañeiros de Corporación
Sr. Presidente da Asociación Xuntos
Sra. Dna. Luisa Márquez
Autoridades e representacións
Membros do xurado
Queridas amigas e amigos,

Grazas unha vez máis a todas e a todos por nos acompañar neste sinalado día de San Sebastián

Unha nova ocasión para entregar os Premios Cidade de Pontevedra, que expresan ano tras ano a gratitude e o recoñecemento da sociedade pontevedresa a unha persoa e unha entidade que serviron de exemplo e inspiración para mellorar a cidade, para que nos sintamos aínda máis orgullosos de vivir aquí, de compartir cidadanía con estes veciños e veciñas tan xenerosos e exemplares.

Todas e todos os candidatos propostos pola cidadanía tiñan méritos de sobra para ser elixidos polo que tamén os felicitamos, constatando que hai entre nós moitísima enerxía positiva para visibilizar e situar neste peculiar libro de honra.

Os premiados pasarán un ano máis a simbolizar os mellores valores humanos, e lembrarnos a todos nós que non estamos sós, que moi perto existe xente que dedica o seu esforzo a traballar polos demáis, que a nosa estirpe dignifícase a cada momento por enarbolar bandeiras que parecen xa derrubadas como a solidariedade, o respecto, a xustiza, a cultura ou a memoria.

Nestes tempos de menosprecio ao colectivo, ao común, ao público, un menoscabo que afecta á economía, á política e á cultura, honrámonos homenaxeando a estas duas maneiras de loitar polos demáis e sumar esforzos para dous obxectivos ambiciosos: a integración social das persoas con diferenzas, e a expansión dos horizontes culturais da cidadanía a partir da escola, o territorio e a cultura de cada un.

Pontevedra sube un novo chanzo do seu honroso itinerario de dignidade con estes premios merecidísimos polo que teñen de simbólicos, pois o que representan é moita luz neste espazo cada vez máis treboento e gris que están escurecendo os poderes económicos.

 

Moitas persoas non coñecerán á profesora Márquez. A súa dimensión meidática non é excesiva, pero o seu relevante traballo como parte da rede de Escolas da Unesco, á que pertence o Instituto Luis Seoane de Monte Porreiro, un centro que destaca pola súa calidade e o empeño que poñen os seus traballadores públicos, ensinantes ou non, en facer da ensinanza un elemento de integración, de cohesión social e de progreso para moitas persoas que conseguiron sumar expectativas de mellora das súas vidas a través da educación.

Nese proceso de formarse como seres humanos conscentes do tempo no que viven é no que cobran tanto valor iniciativas como a das Escolas Amigas da Unesco, que promoven non só o intercambio de alumnos para coñecer realidades distintas e conquistar dunha madurez máis sólida, senón tamén formar a sensibilidade, a conciencia cultural e abordar a globalización con maior soltura, máis donos de sí mesmos e por tanto máis fortes ante os perigos de absorción e aculturización.

Por iso é tan salientábel esta dedicación vencellada a unha institución internacional que, máis alá dos debates sobre a súa utilidade e influencia, tantos anos leva sendo o símbolo de que outro mundo é posíbel en base a unha cultura universal diversificada, con respecto ás culturas numéricamente más pequenas, e como dicía un dos seus textos máis sobranceiros, o Informe McBride, alá polos anos 80, lograr un só mundo, con voces múltiples.

A mágoa é que o mundo camiña no sentido inverso. Globalización foi centralización. A cultura está cada día máis vencellada ao consumo, á industria. A produción das mensaxes que máis circulan no mundo ten un senso vertical, centralizado, donde a democracia perde peso en relación aos poderes fácticos, económicos, financieiros e das grandes empresas centralizadas.

Ir poñendo anacos de ilusión e esperanza nun mundo tan hostil para culturas como a nosa, para as ideas sociais e os proxectos colectivos é un dos valores que Luisa Márquez ten no seu haber. Como persoa vencellada aos valores universais máis positivos da UNESCO, pero tamén e sobre todo como profesora, como profesional do ensino público, especialmente significada nun momento en que o concepto de beneficio capitalista empeza a inculcarse na escola pública, mesmo no barrio de Monte Porreiro, coa privatización que as autoridades educativas do país están facendo coa súa escola infantil, que se entrega para que unha empresa faga negocio.

Reivindico a escola pública, o dereito á educación como un dereito básico de prestación universal e non reducido a un nicho de novos negocios para empresarios ávidos de novos limóns para expremer os cartos cos que entre todos construimos o Estado Social.

E se exemplar e honroso é o traballo da Sra. Márquez, non menos salientábel é o da Asociación Down Pontevedra Xuntos.

Sen dúbida, o seu abnegado compromiso coas persoas con esa peculiaridade e a loita sen reservas para facilitarlles unha vida máis doada forma parte das razóns que o xurado atopou a súa acertadísima elección.

Xuntos é para Pontevedra, como outros colectivos sociais que promoven a integración e a xustiza, unha grandísima razón que nos impulsa a construir unha cidade cada vez máis centrada nos seres humanos e na solidariedade, cunha sociedade civil activa e dinámica e un comportamento máis e máis solidario e animoso para os colectivos con máis dificultades.

Cando iniciamos a reforma urbana tiñamos na cabeza unha palabra, un concepto clave: integradora. Así tiña que ser Pontevedra, un espazo para todos. Pensando nas persoas con máis dificultade, tamén construíamos unha cidade útil para todos os demáis. Unha cidade accesíbel, solidaria, aberta ás persoas, con baixos índices de agresividade ambiental, moi segura contra a violencia vial, para que todas e todos poidamos utilizala en boas condicións.

Se Pontevedra fixo e fai esforzos para mellorar as condicións de vida dos seus habitantes, algo así habería que agardar das autoridades ás que compete o benestar de toda a cidadanía, tan pendentes hoxe dos recortes que poden afectar á calidade de vida das persoas que, polas súas circunstancias, máis merecen a atención e os comportamentos xustos e equilibradores do resto da sociedade.

Fago votos, e coido que iso expresa o desexo da maioría da cidade, por que remate esa deriva de estreiteza nos recursos que todos dedicamos aos servizos que nos axudan a ser máis felices e máis xustos na nosa vida colectiva.

E felicito de novo á Asociación Down Pontevedra Xuntos para que este premio sexa un estímulo ao seu labor, para seguir reclamando o que en xustiza lles corresponde, e para continuar facendo de Pontevedra un lugar máis solidario e igualitario.

 

Agradezo, en nome de toda a cidadanía, as súas atinadas propostas tanto á ANPA do Instituto Luis Seoane como á Asociación Juan XXIII, cabezas de numerosos apoios que concitaron as candidaturas, e artífices que que o xurado chegase a tan atinado pronunciamento.

Así rematamos, un ano máis a conmemoración desta entrañábel ceremonia anual e na que reafirmamos o orgullo da capital por ter entre nós tan agradábel veciñanza.

Viva Pontevedra!