Este sábado comeza “Un Gorgullón de historias”

63

O Centro Social do Gorgullón inicia esta semana un programa de contacontos que se desenvolverá todos os sábados (agás festivos) de 10 a 11 horas, ata o mes de xuño. “Un Gorgullón de historias”, nome do programa, está organizado pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal en colaboración coa Concellaría de Cultura que dirixe Anxos Riveiro.
Un “Gorgullón de historias” está pensado para nenos e nenas a partir de catro anos e está aberto a todos os nenos do barrio, estean ou non asociados.
A actividade que impartirá Pavís-Pavós xira arredor dos contos escoitados, lidos, mirados e contados. Trata de recuperar a tradición oral por medio de ditos, cancións, refráns… e tamén contos e historias, complementado con outras actividades plásticas, expresivas e musicais.
As persoas interesadas poderán anotarse de martes a venres, a partir das 19.00 horas o Centro Social do Gorgullón ou no mail inscricions@pontevedra.eu