Zafarrancho de limpeza no barrio da Parda

69

 A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, inicia esta semana un zafarrancho de limpeza no barrio da Parda. Comezará pola avenida Xoán Carlos I, dende a rotonda da rúa Estrada/San Amaro, ata Conde de Gondomar. Tamén Maruxa Mallo e Conde de Gondomar

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos, colocaránse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona a partir de hoxe mesmo, aínda que a prohibición non será efectiva ata mércores pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.