Continúa o zafarrancho de limpeza en Monte Porreiro

39

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana co zafarrancho de limpeza no barrio de Monte Porreiro. As rúas que se limparán son Portugal e Bélxica, ambas nas dúas marxes.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves, 12 de xaneiro.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos, colocaránse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona a partir de hoxe mesmo, aínda que a prohibición non será efectiva ata mércores pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.