Campaña de recollida de árbores de Nadal

73

A piques de rematar o Nadal, a Concellaría de Parques e Xardíns, que dirixe Anxos Riveiro, activa a campaña de recollida de árbores de Nadal na cidade. A recollida que fará o departamento de parques do Concello será o luns, 9 de xaneiro, pola mañá nos seguintes puntos da cidade:

• Casa da Cultura de Monte Porreiro
• Praza de Galiza
• Eduardo Pondal (xunto ao parque da cidade de Pedra).
• A Parda (xunto ao Conservatorio)
• Praza de España
• Praza de Barcelos

Todas aquelas persoas que teñan unha árbore natural e queiran que se recolla, poden deixalas nestes puntos durante a mañá do luns, 9 de xaneiro. O servizo de parques replantará ás árbores en distintos puntos do concello.