Ana Pastor telefonea a Lores para citárense despois das festas

72

A ministra de Fomento, Ana Pastor, telefoneou hoxe persoalmente ao alcalde para realizar unha visita á cidade despois das festas e así que pase o lóxico período de estabilización do seu departamento logo do traspaso de poderes. 

A pasada semana, Lores felicitara a Pastor pola súa designación como ministra de Fomento e convidáraa a visitar a capital. O mesmo día, o alcalde tamén enviou unha carta de felicitación ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, ao tempo que tamén se lle convidaba a visitar oficialmente a cidade.