A ponte de Monte Porreiro non implica cambios de tráfico

104

A apertura da nova ponte entre Monte Porreiro e Lérez non traerá consigo en principio nengún cambio substancial para o tráfico a motor nas rúas anexas, tal e como anunciou hoxe o concelleiro de Infraestruturas da capital, Cesáreo Mosquera.

A entrada en servizo fixouse para o vindeiro día 30, e "pese a non ser o mellor día, polo gran traballo da Policía Local, faráse o esforzo suplementario que sexa preciso para que todo decorra da mellor maneira". Referíase Mosquera ao incremento do esforzo derivado dos operativos de tráfico para fin de ano.

Esta apertura da ponte, que afecta á nova vía entre Monte Porrreiro e a estrada de Campo Lameiro na súa primeira fase, servirá de ensaio para cando se prevé maior circulación, unha vez que se abra o treito que vai desde o mosteiro de San Bieito á glorieta de Médico Ballina, na N550. Este período servirá para realizar os axustes que sexan necesarios para que o tráfico flúa da mellor maneira, e se corrixan os aspectos que non funcionen.