Zafarrancho de limpeza no barrio da Parda

57

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, inicia, esta semana, un zarrafancho de limpeza no barrio da Parda. As rúas que se inclúen son: Conde Bugallal dende a rotonda de Pintor Laxeiro ata Alcalde García Filgueira, a rúa Franciso Tomás y Valiente, a praza Fermín Bouza Brei e a rúa Alcalde García Filgueira.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves, 29 de decembro.

Dado que se trata dunha zona de estacionamento de vehículos, colocaránse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona a partir de hoxe mesmo, aínda que a prohibición non será efectiva ata mércores pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.