Domingos do Principal: ‘Valados’, de Artestudio, no Teatro Principal

39

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n).
Horario: dúas sesións, ás 12 horas e ás 18:30 horas.
Prezo da entrada: 4 €.
Venda de entradas: en Entradas Novacaixagalicia (https://entradas.novacaixagalicia.es) ou www.servinova.com e no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 horas antes do comezo da actividade.
Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

Helena e Xoel son amigos. Até que un vento estraño lles rouba  a alegría e o amor e aproveita as diferenzas entre a xente para convertelas en prexuízos. Prexuízos de adultos que son abondo como para facer un valado que partirá a vila en dúas deixando aos dous amigos separados, un a cada lado. A rebeldía, a habilidade e o amor farán que saiban seguir comunicados e xuntos… aínda que separados.

Teatro de actor

Recomendado a partir de 8 anos
Duración: 55 minutos