Domingos do Principal: ‘El distino de Simón’, de Pata Teatro, no Teatro Principal

39

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n).
Horario: dúas sesións, ás 12 horas e ás 18:30 horas.
Prezo da entrada: 4 €.
Venda de entradas: en Entradas Novacaixagalicia (https://entradas.novacaixagalicia.es) ou www.servinova.com e no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal desde 1 hora antes do comezo da actividade.
Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra.
 

Simón leva unha vida normal. Un día pérdese na cidade e entra na oficina de obxectos perdidos. Don Mariano, o dono da tenda, ten que saír de urxencia e déixao a el de encargado. Simón acepta, como algo provisional, e descobre dentro dela un mundo cheo de sensacións onde o material e superficial do exterior queda nun segundo plano.

Espectáculo que lembra ao cabaré e mestura canto, danza, obxectos e marionetas co traballo actoral e o humor.

Recomendado a partir de 5 anos
Duración: 60  minutos


www.patateatro.com