Domingos do Principal: ‘Carta urxente para Máximo Toxo’, de Talía Teatro, no Teatro Principal

39

Lugar: Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n).
Horario: dúas sesións, ás 12 horas e ás 18:30 horas.
Prezo da entrada: 4 €.
Venda de entradas: en Entradas Novacaixagalicia (https://entradas.novacaixagalicia.es) ou www.servinova.com e no despacho de billetes telefónico 902 43 44 43. No caso de que non se vendan todas as entradas, as sobrantes poderanse adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal desde 2 horas antes do comezo da actividade.
Promove: Pazo da Cultura de Pontevedra.

Máximo Toxo, é un gran escritor pero  pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando escribir o libro polo que será lembrado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas). O seu carácter rosmón e antipático fan del un verdadeiro ogro, alleo a todo o que acontece máis alá da súa vivenda. Pero un día aparece Belinda, a carteira, cun encargo: entregarlle ao señor Toxo unha carta importantísima en persoa.

Comedia infantil e acrobática para ver en familia, chea de saltos, golpes, viravoltas, gritos, parvadas e trangalladas, que fai unha reflexión sobre a soidade e os seus perigos.

Recomendado a partir de 4 anos
Duración: 45 minutos


www.taliateatro.es