Presentación do novo xornal dixital galego ‘Praza Pública’ na sede de Turismo Rías Baixas

36

Presentación do novo xornal dixital:

“Praza Pública”

 

Participan: Manuel M. Barreiro, Filipe Díez e Marcos Pérez, do grupo promotor do novo xornal dixital

Día: martes, 20 de decembro de 2011

Hora: 19:00

Lugar: Salón de Actos da sede Turismo Rías Baixas – Palacete das Mendoza (praza de Santa María s/n)

 

O Ateneo de Pontevedra colabora no acto de presentación do novo xornal dixital Praza Pública. No acto de presentación, que terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro, ás 19 horas, no Salón de Actos da sede Turismo Rías Baixas, estarán tres dos representantes do grupo promotor do xornal dixital: Manuel M. Barreiro, Filipe Díez e Marcos Pérez.


Sobre Praza Pública
Un grupo de persoas (entre elas, Manolo Barreiro, Filipe Diez e Marcos Pérez) levan meses traballando no deseño dun novo xornal dixital: Praza Pública (“Praza”).

Un xornal dixital moderno, conectado co mundo e que aproveitará as posibilidades da información en tempo real e multimedia, un xornal aberto (tamén no político), en permanente intercambio con outros medios galegos, cos lectores e coas organizacións sociais. Preocupado pola construción colaborativa de información, a curación e selección de contidos publicados en Galicia e en todo o mundo e a presentación gráfica das informacións, utilizando para acadalo unha ferramenta tecnolóxica avanzada, realizada por A Navalla Suíza.

Praza Pública ("Praza") quere ser autosustentable, con publicidade, patrocinios e coas achegas económicas dos lectores e lectoras, que serán os propietarios reais de Praza. Pódese ver un adianto do proxecto na páxina:

https://prazapublica.com/