Luís Bará escoita as demandas dos veciños de Moldes, Vilaverde e San Amaro, en Mourente

83

O concelleiro delegado da parroquia de Mourente, Luís Bará mantivo onte pola tarde unha reunión con veciños dos lugares de Moldes, Vilaverde e San Amaro para coñecer as necesidades dos distintos barrios da parroquia e seguir traballando na participación cidadá, tal e como fixou o alcalde ao inicio do mandato.

Aínda que o concelleiro convocou este encontro para escoitar aos veciños, xa hai certos temas relativos ao Colexio de Vilaverde que xa están sendo tratados por parte da Concellaría. Trátase da conexión do centro de ensino á rede de saneamento, dado que o colexio dispón neste momento dunha fosa séptica. Informará que o Concello xa ten encargado o proxecto para facer esta conexión e tratar de acometelo canto antes.

Tamén en relación ao colexio, acometeránse traballos de seguridade e accesibilidade na avenida de Lugo, de Montecelo e no entorno do colexio. Estúdase facer beirarrúas en distintas zonas, mellorar a seguridade viaria e acometer a limpeza de cunetas.

Como xa se comentou, o concelleiro mantén esta reunión esta tarde para escoitar aos veciños, as súas demandas, suxestións, peticións, como fara despois cos outros lugares da parroquia. As peticións –algunhas xa coñecidas por Luís Bará por encontros previos cos veciños: mellora de pistas, seguridade, saneamento, limpeza de cunetas…- serán trasladadas ao Consello parroquial para ser debatidas e acometidas a partir do próximo ano.

En relación a este tipo de obras, o concelleiro anunciará que a vindeira semana comezará un zafarrancho de limpeza na rúa Valdecorvos coa limpeza de toda a maleza. Nestes días fixéronse traballos de bacheo na zona.