Formación na seguranza viaria

23

Aínda que dificilmente cuantificable, sen dúbida, unha das mellores achegas que pode facer a Policía local á seguridade viaria está na área da prevención a través da educación, é dicir, en contribuír a que os usuarios da vía pública adopten o comportamento adecuado e respecten as normas para, deste xeito, minimizar o xa de por si elevado risco derivado do uso e circulación de vehículos polas distintas vías.

Como en calquera outro aspecto da vida, en materia de prevención de accidentes, a mellor ferramenta de prevención é a educación, que, como elemento que serve para adquirir habilidades e interiorizar valores, servirá para que o individuo se autocontrole e adapte a súa conduta ós fundamentos éticos adecuados.

Hoxe é unha obviedade que a educación viaria ha de ter un ámbito amplo e dirixirse en primeiro lugar ós máis vulnerables que son os nen@s, a este respecto debe servir tamén para relacionalos co seu entorno, pero non debe quedarse aí, debe abarcar outros sectores sociais con características específicas e que son susceptibles graves lesións debido ás súas circunstancias como poden ser os maiores e as persoas embarazadas por exemplo, ademais debe servir para a reforma de malos hábitos e a concienciación a cerca das graves consecuencias desa forma de comportarse respecto da condución, na actualidade tamén se evidencia que a sociedade no seu conxunto debe ser destinataria dunha serie de mensaxes relativos á seguridade viaria que a implique máis activamente na prevención da sinistralidade, esta tarefa deberá abordala a administración a través dos medios de comunicación.

A través da educación vial preténdese promocionar certo grao de coñecemento das normas que regulan o tráfico no marco dos valores da solidariedade , tolerancia , respecto, liberdade, igualdade e respecto ó medio ambiente entre outros.