Congreso de 1.000 veterinarios en xuño en Pontevedra

61

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a unha representación do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra e tamén de Portugal porque o Pazo da Cultura acollerá os vindeiros 8, 9 e 10 de xuño de 2012 o Congreso Hospital Veterinario Montenegro que congregará na cidade do Lérez entre 700 e 1.000 profesionais de Portugal, Galicia, Asturias, Cantabria, Madrid, Castela León, e  outras comunidades do norte de España.

O alcalde ofreceulles colaboración para a organización deste congreso con visitas guiadas polo centro histórico da cidade e os seus arredores para os participantes, un paseo en catamarán pola ría, e outras colaboracións.

Neste congreso haberá autoridades de recoñecido prestixo internacional como Guillermo Couto, veterinario arxentino, experto no cancro canino.

Entre os temas que se tratarán neste congreso están “Citoloxías das 10 lesións cutáneas máis comúns”, “Linfomas en cans e gatos”, “Últimos avances en quimoterapia en pequenos animais”, “Hipoadronocorticismo”, “Diabetes”, “Novas terapias para o tratamento de pacentes epilépticos complicados”, “Manexo do traumatismo craneano”, entre outros.

Os organizadores tamén convidaron ao Concello de Pontevedra ao II Congresso de Enfermagem Hospital Veterinário Montenegro que se celebrar o vindeiro 11 e 12 de febreiro en Santa María da Feira. O Concello poderá instalar un stand turístico e informativo sobre Pontevedra e a súa comarca neste congreso de ámbito internacional e no que están inscritos arredor de 2.000 profesionais.