Aprobado o convenio para eliminar as barreiras arquitectónicas da Ferraría

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a sinatura do convenio de colaboración co IMSERSO e a ONCE para a eliminación de barreiras arquitectónicas no praza da Ferraría e da súa contorna. Neste convenio, as dúas entidades achegarán 75.000 euros e o Concello unha cantidade similar.

De todos os xeitos, o portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que o orzamento da obra é superior achegándose aos 180.000 euros. Esto é debido a que o Concello fai unha achega superior ata completar este orzamento que permitirá actuar no paseo Odriozola e tamén na perpendicular que une este paseo coa rúa San Román.

A obra, que sairá en breve a contratación, consiste na creación dunha plataforma única en todo este ámbito dende o entronque coa rúa Laranxo ata Soportais e a citada perpendicular.

 

Compartir publicación: