O director da DXT participará nun acto do Concello en recordo das víctimas de accidentes de tráfico

60

O Concello de Pontevedra celebrará este xoves, 1 de decembro, un acto en recordo das vítimas de accidentes de tráfico, cuxo Día internacional, declarado pola ONU e a OMS se celebrou este pasado domingo, 27 de novembro.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores convidou esta mañá a todos os grupos políticos representados na Corporación nunha intervención realizada no pleno municipal. Lembrou o especial interese do Concello en actuar en favor da seguridade viaria, de feito a pasada semana inaugurouse a campaña de seguridade viaria que cada ano pon en marcha a Policía Local entre diversos colectivos sociais de Pontevedra.

O acto deste xoves contará coa presenza do alcalde e tamén do Director Xeral da Dirección Xeral de Tráfico, Pere Navarro, que amosou en diversas ocasións a súa vontade de visitar Pontevedra. Xunto a el estará Anna Ferrer, directorda do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria, que xa visitou Pontevedra anteriormente, ao igual que Jeanne Picard, presidenta de Stop Accidentes e da Federación iberoamericana de asociacións de vítimas contra a violencia viaria, entre outras autoridades locais.

Este acto celebrarase ás 18.30 horas no Café Moderno e está aberto a todo o público