O Concello aposta por regular a velocidade no rural

66

A Comisión de Infraestruturas estudiará mañá a proposta de modificación da ordenanza de tráfico do Concello de Pontevedra para aplicar o límite máximo de circulación nos viarios do rural pontevedrés, de titularidade municipal, a un máximo de 40km/h. Así o anunciou o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera quen explicou que en Galicia, e tamén en Pontevedra, a seguridade viaria caracterízase por:

  • A alta siniestralidade
  • Unha elevada incidencia dos accidentes nos peóns.

Segundo o concelleiro esta situación ten unhas causas claras:

  • A normativa existente (a Lei de Tráfico) está inadaptada para os tramos urbanos.
  • E porque o viario do rural está inadaptado para esta normativa de tráfico.

De feito, César Mosquera explicou que hai situacións caricaturescas como que en viarios -especialmente no rural- no que apenas colle un coche, ten unha limitación de 90 km/h, tal e como se recolle na normativa de tráfico.

César Mosquera explicou que o Concello "estivo agardando polo borrador do novo Código de circulación de tráfico, pero non sabemos se se vai a aprobar polo cambio do goberno". E ante esta situación "consideramos que esta é unha boa oportunidade para regular, ata onde poidamos, a normativa de circulación e tratar de paliar esta situación de siniestralidade na que estamos todos os concellos".

Coa comisión de Infraestruturas, iníciase un proceso de carácter administrativo para tratar de aprobar esta modificación da ordenanza actual, en relación á velocidade das vías. Cabe lembrar que esta modificación está sometida a informes técnicos (asesoría xurídica, enxeñería…), tamén pasará polo debate dos grupos municipais, e incluso, dos consellos parroquiais, para tratar de sacala adiante co maior consenso posible.

De feito, César Mosquera apuntou que en cada unha das parroquias deberán ser os propios veciños os que axuden ao Concello -espcialmente, nos casos das vías máis secundarias- á limitar estes viarios.