O alcalde compromete que o Concello seguirá traballando a prol da lingua

88

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo esta mañá un encontro coa Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua no que estivo presente o presidente da coordinadora, Nel Vidal e o concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez.

O alcalde coñeceu un documento creado pola coordinadora en defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística na que se fala dos difíciles momentos que están a vivir estes servizos en calquera entidade ou institución. Fernández Lores comprometeuse que o Concello de Pontevedra seguirá traballando na normalización da lingua, así como asentando o traballo que o Concello está a facer na promoción da lingua.

Tamén acordaron colaborar no traballo pola lingua con outros servizos e institucións, como xa o está a facer o Concello a través de REAL (Rede de Entidades Amigas da Lingua).