A web de Cultura cambia de imaxe

64

A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro presentou esta mañá a nova web da Concellaría de Cultura que se cambiou a consecuencia dos cambios producidos na páxina xeral do Concello. A súa nova dirección é pontevedra.eu/cultura, aínda que tamén se pode entrar dende a antiga pontevedracultura.org

A nova web enmárcase na política de mellora da información cultural, que conta con novos soportes.  Está ao servizo de todos. Pretende centralizar toda a información e ampliala, algo que non pode facerse nunha carteleira tradicional. 

A portada e os menús superiores son un compendio e un resume da potencia cultural da cidade, coa gran cantidade de entidades que conforman o músculo cultural da cidade.

Mellórase a sección de axenda, na que aparecen eventos tanto municipais como organizados por calquera entidade pública ou privada, que sexa de interés público e cultural. A axenda pode consultarse por cronoloxía (hoxe, esta semana, este mes, o mes que ven) ou de xeito temático: música, escena, cinema, plástica, letras, cursos, infantil, charlas… Ofrécese unha navegación sinxela e intuitiva, ben priorizada, para que calquera poda acceder tanto aos datos de axenda como ao resto dos contidos (novas, banners, contidos estáticos, informacións variadas…)

Ten un sistema para que calquera entidade poida enviar a súa programación a un centro de datos desde o que se sube á web.

Cumpre todos os requisitos de accesibilidade, claridade, etc. necesarios para unha navegación apta para todos os públicos.

Internamente, unificouse o motor de actualizacións, tanto para a web municipal como para a de Cultura, que antes tiñan motores distintos, o que permite unha gran falicidade e axilidade de actualización e incorporación de datos.

Todo este traballo fíxose integramente na estrutura municipal, sen contratacións extraordinarias en materia de programación nen deseño.