A web municipal cambia de imaxe!

79

A web municipal cambia de imaxe, máis propia para os novos tempos, e deixando atrás a ferramenta anterior que databa do ano 2005. A nova web, presentada polo portavoz do Goberno, Raimundo González é un instrumento máis claro e intuitivo para navegar por todo o concello.

En relación á anterior, mellorouse a navegación e o cromatismo, xa que detectamos que o monocromatismo anterior non gustaba a moita xente. Deseñouse simplificando a navegación, polo que sempre aparece un navegador na parte inferior da pantalla.

Trátase dunha web principal, cuns cantos satélites ou webs temáticas que xa existían (movete, cultura, benestar social, turismo, monte vivo, normalización…)

A nova páxina web divídese en 4 macro capítulos: o Concello, as áreas municipais, Pontevédrate,  Pontevedra Participa e É máis.

En Concello pódense atopar referencias e información sobre actividade formal o concello, composición da Corporación, etc.

Nas áreas, a totalidade dos departamentos, de xeito que sexa doado obter unha visión máis ou menos global da actividade de cada servizo ou concellaría.

Pontevédrate dedícase á cidade en sí mesma, e contén diversas informacións tanto para viaxeiros virtuais curiosos como para cidadáns de Pontevedra, xa que hai capítulos dedicados á historia, ás parroquias, a curiosidades…

E por último, Pontevedra participa é un abano máis dun dos programas que van diferenciar esta época, centrado na participación cidadá nos asuntos municipais. Sobre É máis, son servizos que ofrece a propia páxina web (logos, descargas…)

 

Desenvólvese con máis coidado o apartado de actualidade, ofrecendo unha procura temática de novas, con bastante fondo histórico.

Facilítase a consulta e a exposición das galerías fotográficas e videográficas.

Desde ela poden descargarse a totalidade dos impresos municipais, así como as ordenanzas, bandos, etc.

Continúa a oficiña virtual, que en breve ofrecerá novidades coa entrada en funcionamento dun novo software de xestión.

Con todo, o máis importante da web non é perceptivel desde fóra, xa que todo este traballo parte dunha programación realizada desde cero, moito máis sinxela que a anterior e máis operativa, que permitirá unha maior
implicación de cada servizo municipal no mantemento e actualización dos seus contidos.

Tamén é importante que este traballo de programación e deseño realizouse polo equipo habitual de Comunicación e prensa, co que o aforro neto é importante, xa que non houbo que adquirir nengún software de xestión extra.