O Concello de Pontevedra e a Mesa pola Normalización colaborarán na promoción do galego

57
O concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez mantivo unha reunión esta mañá co presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón no que acordaron abrir un proceso de colaboración.

Demetrio Gómez explicou ao remate da reunión que tanto o Concello de Pontevedra como a Mesa coinciden nos obxectivos e na análise da situación actual do galego. Coinciden en que o Goberno da Xunta está mantendo ataques continuos á lingua, e é necesaria apoiala dende as institucións públicas e tamén dende as distintas organizacións da sociedade civil. Consideran que hai que traballar en conxunto para que a lingua deixe de ser unha lingua minorizada.

Acordaron abrir unha vía de traballo para estudar sectorialmente accións concretas e obter resultados de carácter global.

Nesta reunión tamén se intercambiaron información sobre as accións do Concello e da Mesa. Acordaron manter outra reunión, logo de estudar toda esta documentación.