Valoración de Feira Franca 2011

87

O voceiro do Goberno Local destacou
onte a afluencia de persoas á Feira Franca foi maior que outros anos, tal e
como marcan algúns índices dos que dispón a Concellaría como o uso dos
estacionamentos disuasorios que se cubriron ao cento por cen, ao igual que os
aparcamentos privados.

No
eido das incidencias a Concellaría de Festas destacou que houbo poucas. Dos 400 postos de
diferente tipo que se instalaron na Feira, só se interviron 11 que tiveron que correxir
algún detalle como retirar a megafonía ou ter algún elemento protector máis para
o lume, entre outras cousas. Só houbo 18 asistencias sanitarias a maior parte
por caídas ou lipotimias.

Tamén
tivo o seu protagonismo o servizo de limpeza que habilitou a máis de 70 persoas
que limparon todo o casco antiguo durante dous días, de tal xeito que o domingo
ás 13.30 horas xa estaba practicamente todo listo tras recoller arredor de 26
toneladas de lixo.

O
voceiro do Goberno local, Raimundo González quixo “felicitar a toda a cidadanía”
pola participación e asistencia á Feira Franca, unha edición que foi todo un exemplo
de implicación e deseño, con especial coidado ás mesas de particulares.

O
voceiro destacou que “nos congratulamos por obter estes bos resultados de achega
económica e diversión para os veciños, especialmente nesta época de crise”.