Plan tráfico Peregrina 2011

87

Por mor das festas da Peregrina, e como ven
sendo tradicional, o luns 8 de agosto as rúas Raíña Victoria e Alameda
pecharase ao tráfico, a partir das 23:00 horas.

 

RAÍÑA
VICTORIA
: 
Corte de tráfico dende a entrada e saída do aparcadoiro da Alameda ata
cruce rúa Palamios.

 

ALAMEDA, dende a rotonda San Roque-Paseo Colón ata rúa Enrique Marescot
(Subdelegación Goberno).

 

Rúas afectadas

 

Rúa
Echegarai:

  • Restrínxese  a
    circulación agás residentes e servizos. O acceso farase pola rúa
    Maestranza (fronte fachada principal Facultade Belas Artes e Ambulatorio
    Virxe Peregrina.

 

Xeneral
Martitegui

  • Invértese a dirección da rúa Xeneral Martitegui, co fin de permitir
    o acceso a rúa Maestranza – Echegarai. Zona Monumental e aparcadoiro Praza
    España.

 

Rúa San
Roque
.

  • Restrínxese o tráfico de acceso dende Corbaceiras ata rúa Alameda,
    agás residentes
  • Dende Paseo Colon dirección obrigatoria cara a Corbaceiras, agás entrada
    aparcadoiro soterrado (acceso rúa Raíña Victoria).

Outros

 

  • Traslado da Parada de Taxis a rúa Xeneral Martitegui
  • Traslado parada Tren Turístico a Xeneral Martitegui.

PUNTOS DE CORTE OU DESVIOS

 

o  
Punto 1 (Palamios – acceso Rosalía de Castro): Sinal de entrada prohibida cara San Roque. Sinal de sentido obrigatorio
cara Avda. Raíña Vitoria.

 

o  
Punto 2 (Praza da Liberdade – Xeneral Rubín): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “agás residentes e servizos
rúas Centro Historico e San Xosé”.

 

o  
Punto 3 (Raíña Vitoria – Palamios): Valado de peche de rúa, con sinal de entrada prohibida e sinal de
sentido obrigatorio a dereita (cara Pastor Díaz).

 

o  
Punto 4 (Glorieta Paseo Colon – Raíña Vitoria): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “agás Parking”.

 

o  
Punto 5 (Glorieta Paseo Colon – Alameda): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “ agás garaxes”.

 

o  
Punto 6 (Alameda – E. Marescot): Valado de peche de rúa con sinal de entrada prohibida e sinal de
dirección obrigatoria a dereita (E: Marescot).

 

o  
Punto 7 (Corbaceiras – San Roque): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “ agás residentes e
servizos”.