O alcalde reúnese co presidente da Xunta o vindeiro martes

53
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores manterá o vindeiro martes, 19 de xullo, ás 13,00 horas unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. A cita foi concertada a raíz dunha carta enviada polo alcalde para tratar de reconducir as relacións entre as dúas administracións, deterioradas nos últimos tempos.

A reunión será na sede da Presidencia da Xunta, e o alcalde adiantou que "me interesa ser unha conversa seria co presidente para ver cal vai a ser a actitude da Xunta,  unha vez pasadas as eleccións municipais e dado que aínda quedan dous anos de mandato da Xunta". Explicou que a pretensión do Concello de Pontevedra é "avanzar" porque "a experiencia que temos nestes dous anos é mala, mala, e confío en que sexa mellor".

Fernández Lores aidantou que "faremos un esforzo para que así sexa e por iso confío en que haxa vontade por parte do presidente da Xunta".

Aínda que o Gabinete da Alcaldía está a elaborar un dossier coas peticións e temas concretos a plantexarlle ao presidente, o alcalde adiantou que se falará da rede viaria, da ronda urbana, do plan xeral, do Porto de Marín, de todas as competencias impropias que o Concello está a asumir, do Hospital Monte Carrasco…