Visita a Illa nova concelleira

88

O alcalde de Pontevedra, a concelleira de Parques e
Xardíns, Anxos Riveiro e o concelleiro Raimundo González (anterior responsable
da área) visitaron esta mañá os avanzados traballos de restauración ambiental
da Illa do Cobo. Acompañados dos técnicos municipais e de responsables das
empresas que traballan nesta recuperación, comprobaron os substanciais cambios
que está a vivir este espazo natural que, de seguro, se convertirá nun
referente ambiental para Pontevedra, e mesmo para Galiza.

 

No paseo puideron ver
a recuperación do entorno do río fronte a fachada do instituto da Xunqueira,
que recibiu un tratamento de xardinería con céspede.

 

Tamén estiveron nunha
das tres pasarelas de madeira que conectan a Illa coa Xunqueira. Son
construccións cunha pendente máis suave que as existentes ata o de agora e
cunha estrutura de maior envergadura que as actuais. Feitas en madeira natural,
moi acorde co entorno.

 

Tamén comprobaron os
laboriosos traballos de contención da Illa coa creación dunha gran escolleira
de gavións (de máis de 500 metros) que evitarán a influenza das mareas no firme
da Illa. Estes traballos xa están rematados, e agora céntranse na colocación de
terra natural entre a escollera e o paseo central da Illa para a plantación de
arborado autóctono e a creación de pradeira.

 

Puideron comprobar
como xa está instalado o parque infantil, aínda que non está aberto ao público
á falta de pechar pequenos remates. Trátase dunha área de xogos creados con
madeiras, moi singular.

 

Ademais, xa se
fixeron outros traballos de xardinería (eliminación da planta invasora
espartina e plantación de xunco) e plantación de arborado, que tiveron que
suspenderse no verán e serán retomados no outono, cando o tempo acompañe e
permita que as plantacións sexan duradeiras.

 

O alcalde explicou
que os traballos poderán estar rematados ao longo do mes de setembro, a falta
desas plantacións que obrigan a facerse no outono.