Festas verán 2011: programa na rúa

93

Dende esta mañá xa está na rúa o programa de festas do
verán da cidade de Pontevedra. A Concellaría de Festas que xestiona Carme da
Silva fixo unha tirada de 30.000 programas que estarán a disposición dos
cidadáns na Casa do Concello, na nova sede do Concello en Michelena 30, no
departamento de Cultura situado na rúa Arcebispo Malvar e na Casa do Turista,
na praza da Verdura.

 

Seguindo os criterios
aforro, o programa de festas variou o seu formato. É un desplegable nos que se
pode ver por unha cara toda a programación do verán, e pola outra a
programación específica da Semana Grande das Festas da Peregrina. Toda a información pode consultarse en www.pontevedra.eu/festas

 

O seu deseño e o seu
formato permitiron baixar os custes en máis dun tercio.