Pontevedra Participa!

113
O alcalde de Pontevedra convida a todas asociacións e colectivos do municipio a asistir ao encontro que se celebrara este xoves, 7 de xullo, no Teatro Principal para dar a coñecer Pontevedra participa!, unha iniciativa propia para o tempo politico que se esta a vivir, que pretende rexenerar a democracia participativa abrindo novas canles de informacion a cidadania, para acadar unha profunda participacion cidada en colaboracion co Concello.

Pontevedra participa!  e unha resposta a unha demanda, e unha necesidade do goberno para conseguir un maior compromiso de todos nos asuntos de interese do municipio. Para iso o Goberno Local, co alcalde a cabeza, pon en marcha esta iniciativa que fomentara a calidade democratica, a cohesion social, permitira un desenvolvemento equilibrado do territorio e, en definitiva, unha mellor calidade de vida para todos os habitantes deste concello.

Para isto, creouse unha estrutura de participacion en barrios e parroquias. Raimundo Gonzalez sera o concelleiro coordinador da area rural e Luis Bara, da  area urbana. A sua vez, habera delegacions especificas para cada unha zonas. Deste xeito, Pilar Comesaña sera a responsable de Lerez, Alba, Campaño e Cerponzons; Demetrio Gomez de Marcon, Verducido, Salcedo, Lourizan, Bora, Santa Maria de Xeve e Santo Andre de Xeve; Raimundo Gonzalez de Ponte Sampaio, Canicouva e Tomeza; Anxos Riveiro de O Burgo, Centro Historico e A Moureira; Carme Fouces de San Xose, Campolongo e Mollavao; e Luis Bara de Mourente ademais do resto da area urbana.

O inicio deste proceso sera este xoves, 7 de xullo, a partir das 21.00 horas no Teatro Principal. Sera un acto aberto a todas as asociacions e colectivos de todos os ambitos para presentar o novo modelo de participacion territoria; presentar os concelleiros e coordenadores de area; presentar as liñas de actuacion municipal para os proximos catro anos; informar sobre as diferentes canles de participacion; e presentar o calendario de traballo para os proximos meses.

Todos os concelleiros incluidas nestas tarefas terán atención nas dependencias municipais e tamén poderán atender as demandas cidadáns a pé de rúa nos distintos barrios e parroquias.

Será a partir de setembro cando comecen a haber  actos en cada ámbito coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, para iniciar os contactos con todos os colectivos. Así como a creación dos consellos territoriais para determinar as actuacións a priorizar en cada ámbito.

Luís Bará, responsable da área urbana, explicou que “pensamos que esta é a maneira de plasmar o compromiso de participación, unha das claves do discurso de investidura do alcalde o pasado 11 de xuño”.