Un
ano máis este Concello lembra ós veciños en xeral, as normas de mantenemento
das condicións de seguridade para a queima das fogueiras de San Xoán, que terán
lugar a noite do 23 deste mes de xuño.
As normas ás que terán que axeitarse a
instalación e queima das fogueiras son as seguintes:
1ª.- Presentación no rexistro xeral do Concello da solicitude
de celebración da fogueira, antes do próximo día 20/06/2001 ás 13,00 horas,
facendo constar os seguintes datos das persoas que organizarán o acto e faranse
responsables do mesmo:
§
Nome e
apelidos, D.N.I.
§
Enderezo e
coñecemento do teléfono do Servicio Municipal de Extinción de Incendios 080, Policía Local 092 e Protección
Civil 986 871 188.
§
Compromiso
de dispor no acto dun teléfono móbil en pleno funcionamento, con indicación na
solicitude do seu número.
§
Coa
documentación achegarase copia do D.N.I. dos responsables.
2º.- As fogueiras terán que distar un mínimo de 15 metros ós
edificios e árbores.
O diámetro máximo de zona de combustión da fogueira
será de 4 metros de ancho cunha altura máxima de 2 metros. Nun área de diámetro
similar ó pao central da fogueira non poderán concentrarse os asistentes á
festa.
3º.-
Os materiais a empregar na combustión serán leña, polas, toros de árbores e
vellos materiais de madeira de calquera clase.
Prohíbense os neumáticos, plásticos, latas,
botellas, materiais con P.V.C. en xeral, e similares, así como botar aerosois,
aceites ou líquidos combustibles e/ou calesquera substancias explosivas.
Lémbrase que un bote de aerosol, aínda vacío, pode orixinar unha explosión
importante.
Prohíbense as fogueiras baixo tendidos
eléctricos, telefónicos, etc.
4ª.- Prohíbese a realización de fogueiras sobre vías públicas
pavimentadas, xardíns ou zonas verdes en xeral.
5ª.- A organización terá que acatar as normas ou instruccións
que poidan ditar os Axentes dos Corpos da Policía Local ou Corpo de Bombeiros.
Esta
Alcaldía ó tempo que convida a tódolos veciños a disfrutar da festa desa noite,
confía en que se cumpran estas instruccións, ditadas únicamente para garantiren
a protección e seguridade no municipio en conciliación co lecer ciudadán.