Cursos CIM

78

O obradoiro de teatro para mulleres será impartido por Alejandro Guanella. Terá lugar os luns e venres de 19h a 20.30h no Pazo de Cultura e comezará o vindeiro venres 18 de marzo ata o 6 de xuño. Este actividade realizase dentro do marco de formación da Escola de Empoderamento promovida polo CIM.
As mulleres interesadas en participar neste ou noutros talleres ofrecidos polo CIM han de achegarse polas súas oficina na rúa Arzobispo Malvar 1 en horario de mañá. A inscrición é gratuita.”
Ademais, a próxima semana comeza o prazo de inscricións para dous novos cursos:
“Taller de autoestima e liderazgo a través da creatividade”. Comeza o prazo de inscrición o luns 14 e cubriranse as prazas por rigorosa orde de inscrición. A actividade terá lugar os mércores de 19h a 21h e comezará o vindeiro 23 de marzo.
“Mantemento do fogar PARA HOMES” comeza o prazo de inscrición o xoves 17 e cubriranse as prazas por orde de inscrición. A actividade será os sábados de 10h a 13h e comezará o vindeiro 26 de marzo. A inscrición realízase do mesmo xeito que no obradoiro de Teatro.
O CIM apoia a celebración destes obradoiros nas parroquias do Concello de Pontevedra: Santo André de Xeve, Ponte Sampaio, Verducido, Ponte Bora e Salcedo. A asociacións veciñais destas parroquias dispoñen de locais para celebrar os talleres. A vindeira semana comezan en tres delas o taller de “Saúde integral para persoas maiores”.